A cooperativa Cidadania en colaboración con UGACOTA  ten previsto desenvolver os días 26 e 27 de outubro no Pazo da cultura de Pontevedra un Encontro de intercooperación cooperativa que se configura “como un espazo de reflexión e traballo encol da intercooperación cooperativa, como ferramenta para o sostemento e medre das cooperativas”.

Os principais obxectivos do encontro son os de:

  • afondar no coñecemento mútuo das cooperativas galegas,
  • procurar posibilidades e oportunidades de establecer estratexias e colaborativas e de intercooperación estable e
  • divulgar fórmulas de intercooperación cooperativa.

O Encontro pode servir como punto de saída e posta en marcha do grupo de traballo de intercooperación que xurde na Asemblea Xeral de Ugacota, habida conta que os contidos e estructura do mesmo servirán para identificar necesidades, compromisos e propostas tanto de intercooperación como de desenvolvemento do propio grupo de traballo.

Animámovos, polo tanto a participar no Encontro, do que vos adxuntamos o programa, e a formar parte da proposta de creación dunha comisión de traballo que fomente a intercooperación cooperativa no seo de Ugacota.

As inscricións para asistir ao Encontro de InterCooperación cooperativa debedes envialas ao correo electrónico da Federación Sinerxia sinerxia@sinerxia.org, cos seguintes datos: Nome e apelidos da persoa / Teléfono de contacto / Nome da cooperativa á que pertences / Cargo que ostentas. Debedes indicar tamén se xantades ou non, co grupo, o sábado.

Para calquera información sobre o Encontro podes contactar tamén co 986 896 526.