A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, no marco da Rede Eusumo, organiza Cooperamos II, unha actividade gratuíta de promoción do cooperativismo que inclúe unha xornada e un curso online.

A Xornada Encontro de Boas Prácticas Cooperativas: Novas tendencias no marco da economía colaborativa e as finanzas éticas, será o venres 30 de setembro no salón de actos da Cooperativa do Val en Narón, en horario de mañá e tarde, e ten como principal obxectivo divulgar as potencialidades da fórmula cooperativa como xeradora de emprego e riqueza.

Para elo contará con relatorios de persoas con traxectoria no cooperativismo, como son a Universidade de Mondragón, que abordará as oportunidades e tendencias de cambio para a Economía Social. Tamén participa a Unión de Cooperativavas de Traballo Asociado UGACOTA, nunha mesa redonda sobre intercooperación, fusión, e colaboración, entre outras máis participantes.

Folleto promocional co programa da xornada, fai clic : Cooperamos II

Vai dirixida : Ao público en xeral, pero resultará de especial interese para persoas desempregadas, emprendedoras, socias e socios de cooperativas, profesionais do asesoramento, técnicas e técnicos de servizos de emprego, titulares de pequenos negocios ou colectivos que comparten algunha necesidade susceptible de poder atenderse baixo os principios da unión e a cooperación.

Podedes inscribirvos á xornada no seguinte enlace: https://comarcaferrolterra.wordpress.com/  Prazo: luns 26 de setembro de 2016.

Se asistes a esta xornada, ademais, tes opción a participar no curso online Cultura Financeira e Finanzas Éticas para o Emprendemento (*)

(*) Para participar neste curso é imprescindible ter asistido á xornada “Encontro de Boas Prácticas Cooperativas”

Máis información:

Mª Dolores Regueiro Pérez – Técnica de Fomento Cooperativo – Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

981 944 195 ext: 692dregueiro@ferrol.es 
Rúa Sagrada Familia 56 cp: 15405 Ferrol

https://www.facebook.com/coopferrolterra
https://twitter.com/CoopFerrolterra
https://cooperativismoferrolterra.wordpress.com