Despois de diversas peripecias e experiencias por separado, tres amigas, María, Xiana e Óscar decidimos que chegara o momento de tomar as rendas da nosa vida laboral e de traballar para converter en realidade as nosas ideas. Tentar levalas á práctica sería a mellor forma de saber a nosa viabilidade. Era cuestión de pórse “maos” á obra.

 

O que sempre tivemos claro foi que MaOs non nacía para competir no mercado ou co obxectivo de medrar: acreditamos no poder do pequeno que se fai grande ao traballar solidariamente. Isto axudounos a tomar dúas decisións: que forma legal tomar, cooperativa de traballo asociado, e cal seria a nosa primeira iniciativa, a creación da Granxa de Servizos, asociación de profesionais e pequenas empresas.

 

Iso si, levounos máis tempo e esforzos explicar ao mundo que facemos. Pensamos que o logramos ao dicir que a nosa actividade se desenvolve principalmente na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial. Tamén poderíamos contar que os nosos servizos se resumen en catro áreas: Investigación e Intervención, Dinamización territorial, Comunicación e produción de contidos e Formación e asesoramento.


Dirección: Camiño de Ameixaga, 10 – 3º D

Localidade: Santiago de Compostela

Provincia: A Coruña

CP: 15702

Sitio web: http://maos.gal

Tel: 694 401 505 / 694 474 166

Fax:

Email: maos@maos.gal


Actividades: social e do patrimonio, tanto material como inmaterial, xestión e innovación cultural Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas, Consultoria, asesoramento, Educación, formación