Quen somos?


A misión

A Unión de Cooperativas EspazoCoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxetivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperavismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.

A visión

EspazoCoop aspira a ser a entidade de referencia no ámbito do cooperativismo galego, no marco da economía social e solidaria, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social, consolidando os valores e principios cooperativos e colaborando na consecución dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.

Os valores

A Unión de cooperativas ten como referencia e marco de funcionamento os seguintes principios e valores compartidos, que forman parte da súa cultura e identidade:

>> Aberta e non discriminatoria.

>> Autonomía e independencia.

>> Proactividade e participación.

>> Interese pola comunidade, responsabilidade social e sustentabilidade.

>> Solidariedade, cooperación, axuda mutua, traballo digno e en equipo, colaboración e intercooperación.

>> Empatía coas persoas e entidades usuarias, cercanía e proximidade.

>> Franqueza, honestidade, transparencia e xestión ética.

>> Innovación, mellora continua e excelencia.

>> Autoestima.

>> Formación continua.

>> Igualdade de xénero.

>> Defensa da cultura e da lingua galega.