Emprega o distintivo do dominio .coop

/, Multimedia/Emprega o distintivo do dominio .coop

A Alianza Cooperativa Internacional, promociona a identidade cooperativa mediante o uso dun dominio propio:  .coop. A marca cooperativa mundial xa está sendo utilizada por casi 1.450 cooperativas de 103 países, e aínda está vixente a posibilidade de que os novos rexistros de dominios .coop podan empregarse SEN CUSTO para o primeiro ano.

A través do canal de youtube Domainsdotcoop lanzaron o vídeo “Síntase orgullosa/o da súa identidade cooperativa”, no que invitan a empregalo e nos din como facelo: “Comuníquelle aos seus asociados/as, clientela, e a súa comunidade que se sinte orgullosa/o da súa natureza cooperativa, empregando o distintivo ético exclusivo das cooperativas”.

O dominico pode solicitarse GRATIS en www.identity.coop. Amais, recentemente actualizaron a Guía do Usuario da Marca incluíndo unha nova sección con suxestións e exemplos sobre como utilizar a Marca como parte da identidade cooperativa de cada un dos seus usuarios.

Fai clic : Guía do Usuario da Marca, versión actualizada 

E seguirán destacando boas prácticas nas que outras cooperativas poidan inspirarse no seguinte espazo web :

Fai clic: Vitrina sobre a Identidade Cooperativa

Ademais se queredes que se inclúan imaxes que ilustren o modo no que a vosa cooperativa ou organización está empregando a Marca ou os dominios .coop nas vosas publicacións, produtos, envases, promoción de eventos e redes sociais, podedes facerlles chegar eses exemplos.

Ao usar o dominio .coop sodes automaticamente incluídos nun directorio mundial de tódolos dominios .coop activos en Directory.coop. Co apoio de todos preténdese conquerir que a identidade cooperativa sexa unha das marcas éticas máis recoñecidas en todo o mundo para o ano 2020.

Visualiza o vídeo “Síntase orgulloso/a da súa identidade cooperativa”:

 

2017-01-27T14:00:48+00:00 12/12/2015|Espazo Coop, Multimedia|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies