Queremos vivir libres de violencias machistas

//Queremos vivir libres de violencias machistas

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, convidando ao gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación a respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Dende 2003 ata maio de 2017, o Instituto da Muller rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 no Estado.

Estes datos fannos considerar que esta dramática realidade require dunha resposta unánime e firme de toda a sociedade, que poña de manifesto o rexeitamento social de todas as formas de violencia contra as mulleres.

Queremos vivir libres de violencias machistas.

www.ennegrocontraasviolencias.gal
#Galiciaennegro #ContraAsViolencias 

Achegamos, ademais, esta interesante proposta, unha Guía de Lecturas recomendadas, que moven conciencias contra a violencia de xénero, son lecturas para educación secundaria e bacharelato. Fai clic nas imaxes.

 

  

 

 

 

2017-11-24T12:52:50+00:00 24/11/2017|Espazo Coop|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies