Asemblea de cooperativas socias, 15 Decembro | Definamos o Plan de Traballo 2018 de Espazocoop

//Asemblea de cooperativas socias, 15 Decembro | Definamos o Plan de Traballo 2018 de Espazocoop

Asemblea xeral extraordinaria
de cooperativas socias
 

15 de decembro, 16.30 horas
Cidade da Cultura, Monte Gaiás – Santiago
Biblioteca e Arquivo de Galicia, Sala 1

Sesión participativa para definir o Plan de Traballo 2018

A Unión de Cooperativas Espazocoop celebra unha asemblea xeral extraordinaria na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o venres 15 de decembro, que ten como obxetivo identificar propostas de accións e actividades para o Plan de Traballo de Espazocoop 2018.

Reunirémonos na Sala 1 do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (na convocatoria aparece un mapa da Cidade da Cultura)

Consulta a convocatoria da Asemblea de socias neste enlace

Os documentos de traballo para esta sesión están no seguinte enlace. Indicando a contrasinal de acceso restrinxido para cooperativas socias no ‘Espazo de Participación’ da nosa web, accederás aos arquivos (*) :

– Plan estratéxico
– Retorno do proceso de participación realizado na asemblea de Espazocoop o 2 de xuño
– Documento de Demandas Políticas

Podes confirmar a túa asistencia no correo mar@espazo.coop ou no teléfono 981 57 55 78.

Gustaríanos contar contigo para definir o Plan de Traballo 2018 de Espazocoop.
Agardámoste!

(*) Se non tes a man a contrasinal contacta con Espazocoop para facilitarcha.

 

 

2017-12-12T17:05:19+00:00 30/11/2017|Espazo Coop|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies