Ayudas

Ayudas 2017-02-24T19:21:05+00:00

FEBREIRO 2017


  • 22/02/17, DOGSubvencións para financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contratación. As empresas beneficiarias deberán un mínimo de 50 traballadoras/es (ou agrupación de empresas que sumen esta cantidade). Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Subvencións financiamento de accións formativas con compromiso de contratación 2017 – Extracto. Prazo: virá determinado polo cronograma de procesos de selección que se establece no número 6 do artigo 20 da orde de convocatoria. A data límite para a presentación de solicitudes será o 31 de outubro de 2017.

  • 15/02/17, DOG – Subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social. Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Subvencións para fomento do cooperativismo e a economía social para ás asociacións, oficinas locais e outras entidades da Rede Eusumo 2017 – Extracto . Prazo: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación.

  • 14/02/17, BOE –  Axudas para a modernización e innovación das industrias culturais e creativas mediante proxectos dixitais e tecnolóxicos. Teñen por obxeto incrementar a oferta legal de contidos dixitais culturais en Internet e modernizar e innovalas industrias culturales e creativas. Convoca: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Axudas modernización e innovación das industrias culturais 2017 – Extracto – Prazo: será de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

  • 01/02/17, DOG –  Regulación da aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.  Convoca: Cosellería de Medio Rural

Axudas á agricultura, á gandaría e ao desenvolvemento rural – Extracto – Prazo: do 01/02/17 ao 30/04/17, ambos inclusive.



XANEIRO 2017


  • 31/01/17, BOPPO –  Axudas municipais á creación de emprego do Concello de Silleda. 

Axudas á creación de emprego – Concello Silleda – Prazo: ata 31/12/17 ou ata esgotar orzamento.

  • 30/01/17, DOG – Axudas do programa Leader 2017-2018. Execución de proxectos ao abeiro do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR):  Apoio para a realización de operacións conforme ás estratexias de desenvolvemento local participativas dos grupos de desenvolvemento rural. Data de publicación: 30/01/17 – Convoca: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Axudas Leader 2017-2018 – Extracto – Prazo: 1 mes a partir da publicación.

  • 28/01/17, BOESubvencións para a realización de contratos de mozas e mozos de máis de 16 anos e menores de 30 anos non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación regrada, para empresas de calquera sector ubicadas na provincia de Ourense, co fin de que as persoas poidan recibir unha oferta de emprego do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Convoca :  Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital – Dirección Xeral da Fundación EOI.

Subvencións contratos de mocidade de 16 a 30 anos – Ourense  –  Extracto – Prazo: 30 días naturais a partir da súa publicación.

  • 28/01/17, BOEAxudas do programa profesionais dixitais emprego xuvenil. Teñen por obxeto regular a concesión de axudas para actividades formativas e axudas para a inserción laboral, ambas en materia de TIC e da Economía Dixital, no marco de Iniciativa de Emprego Xuvenil. Convoca: Entidade Pública Empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.

Bases do programa de formación para o emprego xuvenil na economía dixital – Convocatoria das axudas do programa de formación para o emprego xuvenil na economía dixital – Prazo: ata o 09/03/17.  Sede electrónica de red.es.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies