A cooperativa NUMAX xunto ás empresas Frida, Ladybug e Vaca promoven cine galego no Marché du Film do Festival de Cannes 2017, co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

  Participan no principal mercado mundial da industria cinematográfica como parte do programa de internacionalización do audiovisual galego que desenvolven a Consellería de Cultura e Educación e o Igape.

Aínda que con diferentes obxectivos concretos, as accións destas catro empresas no Marché du Film teñen como común denominador a procura de oportunidades financeiras, de coprodución e compra-venda para os seus novos proxectos audiovisuais, moitos dos cales dispoñen de axuda económica da Agadic a través das súas diferentes modalidades de subvencións ao sector.

Foros de coprodución e negocio

Os representantes de Numax, pola súa banda, está a asistir aos encontros profesionais nos que se debaten as novas tendencias de exhibición e distribución independentes, ademais de coñecer de primeira man os títulos máis sobresaíntes que se estrearán o ano que vén no circuíto de salas cara á súa programación no Cinema Numax de Santiago e de estudar a adquisición de novos filmes para o seu catálogo de distribución.

O ‘Marché du Film’ de Cannes supón unha oportunidade única para a compra, venda, financiamento, distribución e coprodución dos contidos que reúne. Anualmente congrega 20.000 profesionais, entre produtores, distribuidores de cine, axentes de vendas e programadores de festivais de todo o mundo.

Marché du Film

Fonte: Web Agadic