A ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS (Agaca) lanza as condicións e cláusulas do procedemento de contratación servizo de desenvolvemento e dinamización da plataforma virtual de intercooperación para as cooperativas do espazo Sudoe – Portal colaborativo e ferramentas asociadas ao Proxecto Agrosmartcoop (no marco do Programa de Cooperación Territorial Europea – Interreg SUDOE 2014-2020) : Aquí

Ata o 13 de xuño – Máis info chamando ao 981 58 47 83.

O traballo consistirá na realización das seguintes tarefas:

A plataforma web de AGROSMARTcoop é o núcleo central do Grupo de Traballo 2 do proxecto. Aglutina todas as ferramentas TIC para o intercambio de información e coñecementos, a formación e o asesoramento das cooperativas agroalimentarias do SUDOE. Está estruturada en tres apartados: web con información xeral sobre o proxecto (http://www.agrosmartcoop.eu, xa existente), laboratorio virtual e comunidade virtual de intercooperación.

O laboratorio virtual e a comunidade virtual reciben, en conxunto, o nome de Portal Colaborativo. Este documento concierne ao Portal Colaborativo e ferramentas asociadas.

O traballo a realizar consistirá en:

I. Desenvolvemento e dinamización do Laboratorio virtual (AgroLAB); e aplicacións e ferramentas asociadas. Ferramenta web para proporcionar un fluxo continuo de información e coñecementos, e servir de punto de encontro entre persoal técnico experimentado en xestión da innovación sostible e comercialización intelixente e as cooperativas do SUDOE. Contará cun Banco transnacional de ideas sostibles e un Mapa de financiamento, e servirá de ferramenta didáctica activa para a aprendizaxe (laboratorio virtual) que incluirá casos de estudio e simulacións (para a aprendizaxe de conceptos e habilidades).

II. Desenvolvemento e dinamización dunha Comunidade Virtual; e aplicacións e ferramentas asociadas. Actividade destinada a desenvolver unha cooperación efectiva entre as cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE, mediante o desenvolvemento de accións para accións para a dinamización e a creación de iniciativas colaborativas, e para a mellora da competitividade e sostenibilidade.