Organigrama

//Organigrama
Organigrama 2017-05-28T18:00:30+00:00

A Unión de Cooperativas Espazocoop ten a mesma estrutura política e de toma de decisións que as cooperativas.

O órgano de representación e decisión é a Asemblea xeral de socias composta polas cooperativas que a integran. A asemblea reúnese anualmente para aprobar as contas e a xestión da actividade, os orzamentos e o plan de traballo.

Esta asemblea delega as responsabilidades de goberno nun consello reitor elixido polas socias, a súa vez, conta coa colaboración dun equipo técnico formado por nove persoas, que desenvolven as distintas liñas de traballo acordadas.

CONSELLO REITOR

O consello reitor é o órgano de goberno de Espazocoop. Está formado por 5 cooperativas con dereito a voto e renóvase simultaneamente cada catro anos, podendo ser reelixidas por un máximo de dous mandatos para o mesmo cargo.

Presidencia

  • Algalia s. coop. galega – Celso Gándara Carnero

Vicepresidencia

  • Possumus s. coop. galega – Alfonso Fernández Rodríguez

Secretaría

  • MedAtlantia s. coop. galega – Domenico Tinelli

Vogais

  • Colexio Guillelme Brown s. coop. galega – Ana Otero Fernández
  • 7 h cooperativa cultural s. coop. galega – Ana Olveira Blanco

INFORMACIÓN DAS PERSOAS QUE INTEGRAN O CONSELLO REITOR

Celso Gándara Carnero| Presidencia

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (Universidade de Santiago de Compostela), ten unha Maestría en coaching de persoas e equipos (Mondragón Unibertsitatea), e realizou o Programa Superior en Dirección e xestión de Cooperativas (Escola Negocios A Fundación). É xerente de Algalia, s. coop. galega desde 2009, anteriormente foi consultor en estratexia e proxectos sociais e asesor económico de entidades no lucrativas.

Foi membro do consello reitor da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota.

Alfonso Fernández Rodríguez  | Vicepresidencia

Diplomado en Maxisterio (Universidade de Vigo). É socio fundador do Colexio Possumus s. coop. galega (1983). Neste centro imparte a materia de Educación Física en educación primaria e secundaria, ao tempo que desempeña os postos de Director do centro (1990) e Presidente da cooperativa (1993).

Foi interventor e membro do consello reitor da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (Ucetag). Tamén estivo na vicepresidencia da Federación de Cooperativas Sinerxia.

Domenico Tinelli | Secretaría

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración (Universidade de Bari -Italia), Maestría en xestión do goberno autonómico e desenvolvemento local, é especialista en institucións, políticas e programas da UE. É socio de MedAtlantia Consultoría Europea s. coop. galega,  é consultor, responsable de proxectos internacionais para Innovación e Desenvolvemento Territorial. Asesora na xestión de proxectos e na busca de oportunidades de financiamento a distintos niveis institucionais e territoriais.

Foi membro do consello reitor da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota.

Ana Otero Fernández | Vogal

Diplomada en Maxisterio (Escola de Maxisterio de Ourense) na especialidade físico-matemática. É socia fundadora do Colexio Guillelme Brown s. coop. galega (1987), onde traballa como profesora de ciencias naturais e sociais en 5ª e 6ª de primaria, bioloxía-xeoloxía de 1ª ESO e física-química en 2ª ESO.  É Presidenta da cooperativa dende o 2001.

Foi membro do consello reitor da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (Ucetag).

Ana Olveira Blanco | Vogal

Diplomada en Relacións Laborais (Universidade de Santiago de Compostela), e Posgrado en Xestión e Dirección Laboral na especialidade de Xestión Sociolaboral. É especialista en Economía Social, particularmente no ámbito cooperativo, prepara a súa Tese Doutoral sobre “A Cooperativa: emprendemento en feminino. O modelo cooperativo como organización que favorece a participación das mulleres na xestión empresarial, factores que o determinan. Aplicación á empresa capitalista”. É socia traballadora en 7H cooperativa cultural s. coop. galega, onde é responsable do departamento de administración.

É membro da Rede de Xoves Investigadores en Economía Social – REJIES, e foi Presidenta da Unión de Consumidores de Galicia.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies