A cooperación precisa de dous elementos clave: persoas e ideas. A procura destes dous elementos non é a miúdo unha tarefa doada. Persoas con obxectivos comúns, confianza mutua, informadas e cunha idea compartida que terán que organizar e poñer en marcha.

Conscentes desta dificultade, querémosvos facilitar este traballo poñendo en marcha un grupo para o intercambio de ideas e a busca de persoas socias. Chamámoslle IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN. Trátase dun grupo de Linkedin que che permitirá contactar con persoas que teñan as túas mesmas inquedanzas. Porque as boas ideas son as que se levan a práctica.

Preme para acceder ao grupo: IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN