CEPES, a Confederación Empresarial Española da Economía Social, en calidade de Organismo Intermedio do ‘Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social’ do Fondo Social Europeo (FSE) 2014-2020, publicou unha convocatoria de axudas cunha dotación de 3,3 millóns de euros.

A convocatoria está disponible na web de CEPES a través do link: https://fse.cepes.es/convocatorias.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 de abril de 2017.

Esta convocatoria ten como obxetivo axudar a entidades e empresas de Economía Social a desenvolver proxectos nalgún dos siguientes marcos:

•   Crear novas empresas e empregos na Economía Social.

•   Impulsar a profesionalización dos recursos humanos e a xestión de entidades de economía social mediante accións formativas que conleven un 40% de contratación.

•   Fomentar o emprendemento en fórmulas de Economía Social para persoas que se atopen en procesos de formación regrada.

Poderán ser solicitantes:

•   Entidades e/ou empresas da Economía Social reguladas no artigo 5 da Lei 5/2011 de Economía Social.

•   Confederacións, federacións, asociacións e unións representativas das entidades de Economía Social reguladas no artigo 7 da Lei 5/2011 de Economía Social.

Esta Convocatoria financia proxectos que se realicen durante o ano 2017 e que se leven a cabo nas seguintes Comunidades Autónomas: Andalucía, Principado de Asturias, Illas Canarias, Castilla-La Mancha, Galicia, Extremadura, Rexión de Murcia e as ciudades autónomas de Ceuta e Melilla.

Cepes elaborou unha Guía de Beneficiarios, Formularios de solicitude, así como Modelos de certificados para facilitar a información, tramitación, seguimento e xustificación, e están disponibles no enlace xa indicado: https://fse.cepes.es/convocatorias.