O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convocou axudas para proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais, son axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, para contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais. Ver axudas. Prazo de solicitudes: 2 de maio de 2017.

O cooperativismo conecta co medio rural

O cooperativismo e a economía social son un instrumento para desenvolver actividades económicas dende un enfoque basado en valores, o papel que xogan as cooperativas no mundo rural é fundamental, grazas ás cooperativas moitas persoas melloran a súa vida, a súa economía, acceden a emprego, participan na xestión democrática dos seus proxectos, implícanse na vida comunitaria, crean riqueza, fixan a poboación do territorio, e revitalizan o mundo rural.

As cooperativas, son máis que empresas, e teñen moito que dicir e achegar en relación á xeración de novas actividades no medio rural e a creación de empregos cooperativos nesta contorna. Porén, entre as cooperativas socias de Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas, ou fóra dela, contamos con exemplos de proxectos que xeneran actividade distinta da agraria no rural galego, que elixiron o modelo cooperativo para artellar a súa empresa ben polas vantaxes que atoparon na fórmula, ben polo seu xeito de funcionamento e organización, ou ben, pola súa filosofía basada en valores e principios cooperativos que lles resultan atractivos e acaídos para desenvolver o proxecto.

Hai experiencias e casos nos que fixarse, e que poden ser referentes, inspiradores, ou modelos para quenes pensan en realizar algún tipo de actividade de emprendemento nun ámbito rural. Por citar algúns casos reais estarían :

Ribeira do Navia, s. coop. galega | Producción ecolóxica, elaboración e comercialización de produtos de alimentación natural e saudables, como salsas, encurtidos, escabechados, patés, ou marmeladas | Negueira de Muñiz – Lugo.

Xeitura, s. coop. galega | Xestión integral do patrimonio cultural (turismo e patrimonio) | Ourense | Web Xeitura

Como Cabras s. coop. galega | Elaboración de queixo de cabra “Touza Vella” | Castro Caldelas – Ourense

Carolo Panadeiros s. coop. galega | Elaboración de pan | Trasmiras – Ourense

Abertal Enxeñeiría s. coop. galega | Servizos topográficos, forestais, agrícolas e gandeiros. Xestión técnica e fiscal de comunidades de montes. Legalización de pozos e concesión de augas. Informes periciais. Valoracións. Ordeación do territorio. | Lalín – Pontevedra | Web Abertal

Entre outros máis …

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop estamos á vosa disposición se estades pensando en construír un proxecto colectivo nunha zona rural, e se queredes valorar o seu encaixe no mundo do cooperativismo e da economía social, a Unión dá soporte e apoio para formar cooperativas e vos podemos axudar no proceso de creación da vosa cooperativa.

Algunhas condicións das axudas do Igape

As axudas do Igape para crear emprego no rural, con carácter xeral priorizan unha serie de sectores e actividades incentivables, son estas:

  • Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.
    Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
  • Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).
  • Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos,..).
  • Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
  • Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
  • Artesanía e actividades artesanais.
  • Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
  • Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, servizos técnicos, contabilidade, veterinaria.
  • Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
  • No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

E quenes poden ser beneficiarias desta convocatoria do Igape? :

  • Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
  • As microempresa e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.
  • As persoas físicas que residan nunha zona rural, ben para crear unha nova empresa ou ben para seguir traballando na preexistente como traballador por conta propia.

Contía das axudas

A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 euros de acordo a ao rango de gasto e investimento.

Ver axudas.

O equipo de Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.