Prestación de servizos

Inicio/Cooperativismo/Prestación de servizos
Prestación de servizos 2017-01-31T14:53:16+00:00


A Unión ofrece ás cooperativas asociadas servizos de asesoría especializada nas cuestións propias das cooperativas, entre outros:

  • Asesoría societaria: dilixencia de libros sociais, trámites de renovación de cargos, modificacións estatutarias, altas e baixas de socios/as, organización cooperativa, tramites societarios, etc.
  • Asesoría empresarial: tramitación de subvencións e axudas para a posta en marcha, creación de emprego, incorporación de socios, inversións, trámites de empresa, etc.
  • Xestión fiscal: impostos e tratamento fiscal específico.
  • Xestión laboral: realización e presentación de calquera trámite correspondente a cuestións laborais.
  • Xestión contable: realización da contabilidade da cooperativa, arquivo da documentación contable, redacción das contas anuais, legalización dos libros contables e depósito de contas, asesoramento na elaboración do informe de intervención e na preparación da asemblea xeral ordinaria.
  • Asesoría xurídica: atención de consultas sobre calquera aspecto da empresa, fundamentalmente de carácter laboral e societario.
  • Servizo sectoriais: creados co fin de atender unha demanda sectorial e garantir a calidade adecuada, evidentemente é necesaria a presencia na Unión dun grupo de cooperativas dun mesmo sector que fagan viable a existencia deste tipo de servicios.
  • Servizo de formación.
    A formación que se xestiona e se imparte vai dirixida sempre ós socios e socias de cooperativas.

    • formación cooperativa: a Unión presta un servicio de formación e asesoramento cooperativo dirixido a tódalas cooperativas asociadas, organizado segundo a demanda das mesmas, ben mediante cursos de curta duración, ou ben charlas, reunións de traballo, asesoramento e/ou asistencia as súas reunións internas, etc.
    • formación continua: a formación laboral realízase mediante financiación externa, tanto da administración pública como da Forcem. No segundo caso a programación realízase conxuntamente, a través de Coceta, co resto das súas organizacións confederadas.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies