Servizos turísticos, de animación e lecer
Esta cooperativa, ubicada no Carballiño, pero con un área de traballo que inclúe toda Galicia, presta servizos turísticos, de animación e lecer, ofrecendo a organización e xestión integral de eventos.
Xoga Ventura xestiona de xeito integral os proxectos que aborda. Actividades como campamentos, visitas turísticas guiadas, rutas de sendeirismo ou servizos de catering nas comarcas de O Carballiño e o Ribeiro entre outras.
A dinamización de eventos, como festas e actividades infantís en colexios e garderías, mediante talleres e xogos – globoflexia, malabares, técnicas de relaxación e dicción,… ata rockodromo!- festas veciñais, ou actividades para persoas maiores – con obradoiros de manualidades, charlas ou bailes- son algunhas das propostas que desenvolven.
A investigación e o estudo tamén forman parte da súa actividade, complementando as labouras mais lúdicas da cooperativa.
Aquí tendes información das súas actividades para o 2013: