Directorio /  Xeitura, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Xeitura, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Avenida Emilia Pardo Bazán, oficinas Est. Aut., s/n
Localidade: Allariz
Provincia: Ourense
CP: 32660
Teléfono: 651 017 416
Email de contacto: contacto@xeitura.com

Somos unha empresa creada no ano 2012 que traballa no ámbito da economía social e que enmarca a súa área de actuación dentro dos novos xacementos ou filóns de emprego definidos polo ex-presidente da Comisión Europea  Jacques Delors no seu Libro Branco sobre crecemento, competitividade e emprego.

A nosa actividade relaciónase cos Servicios Culturais e de Ocio, especialmente centrados nos ámbitos do Turismo, Patrimonio e o Desenvolvemento local. Servizos dirixidos a un heteroxéneo e amplo abano de clientes, dende a administración pública ou entidades sen ánimo de lucro e fundacións, ata outras empresas, entidades privadas ou particulares.

Atendendo ás tres grandes áreas de actuación aceptadas na Xestión Patrimonial ofrecemos un amplo catálogo de servizos, que abarcan dende a Xestión básica (Investigación e Protección) ata a Xestión aplicada (Difusión). Para esto contamos con convenios de colaboración cun amplo número de profesionais, empresas e institucións que nos permiten ofrecer un servizo de xestión integral de proxectos adaptado ás necesidades de cada cliente.


 

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma