Directorio /  Triwus S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Triwus S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Principal, 50 baixo
Localidade: Boiro
Provincia: A Coruña
CP: 15930
Teléfono: 881 863 495
Email de contacto: info@triwus.com

TRIWUS adícanse ao deseño de páxinas web, deseño de software, e ao deseño gráfico, tamén realizan consultoría estratéxica.

Desenvolven páxinas web que contribúan a mellorar as actividades económicas das empresas, facendo fincapé na súa funcionalidade, ofrecen sitios web cunha arquitectura funcional e un contido axeitado, enfocados a transmitir á clientela unha mensaxe directa sobre os produtos e servizos.

En canto ao deseño de software, crean aplicacións á medida dos proxectos. Co software a medida buscan solucións adaptadas e pensadas para cada cliente.

A través do deseño gráfico buscan optimar a proxección das marcas. Fan dende unha tarxeta de visita a unha identidade corporativa, dende un deseño publicitario para prensa ata unha campaña integral de publicidade.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma