Directorio /  Strelia Electrotecnia, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Strelia Electrotecnia, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa de Melide, 11-3B
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15705
Teléfono: 981 558 988
Email de contacto: info@strelia.pro

Strelia Electrotecnia, S. Coop. Galega desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a náutica, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética.

Facemos os proxectos de I+D para os produtos necesarios, integramos a tecnoloxía axeitada e prestamos os servizos de enxeñaría electrónica e de telecomunicacións para a implantación integral das solucións. O equipo de Strelia ofrece anos de experiencia e prestixio recoñecido no mundo do desenvolvemento electrónico e a oficina técnica de enerxía e telecomunicacións.

Strelia Electrotecnia
é compromiso profesional, calidade e valores sociais. Somos unha iniciativa cooperativa dende a que traballamos con fundamento, seriedade e eficiencia para a nosa clientela; procurando sempre o respecto e coidado da natureza, das persoas e a súa diversidade.

A sede social, oficinas e laboratorios de desenvolvemento sitúanse en Santiago de Compostela (Galiza) desde onde colaboran e traballan para entidades da península Ibérica, Europa e o resto do mundo.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma