Directorio /  Melandrainas Creativa S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Melandrainas Creativa S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa Nicaragua Nº 4
Localidade: Arteixo
Provincia: A Coruña
CP: 15142
Teléfono: 677635705
Email de contacto: melandrainas@yahoo.es

Melandrainas Creativa Sociedade Cooperativa Galega nace para dar saída as propias inquedanzas personais, cubrir unha demanda puntual de actividades para o tempo de lecer, desenvolver habilidades e coñecementos propios e como mellora á actual situación laboral das socias cooperativistas.
A  experiencia no sector e o coñecemento do medio no que se van desenvolver posicionan o proxecto moi favorablemente dentro do sector que xa ten referencias do  traballo previo das socias.
A fórmula xurídica de Cooperativa, proporciona un marco de igualdade á hora de tomar decisións e por iso é a fórmula que mellor reflicte a filosofía de traballo e de vida escollidas persoalmente.
Coa creación da Cooperativa preténdese alcanzar unha serie de obxetivos tanto cuantitativos (creación de cinco postos de traballo) como cualitativos, lograr un posto de traballo que conleve a realización persoal e profesional, colaborar no desenvolvemento socio-cultural e dar unha alternativa diferente ao tempo de lecer baseándose na propia filosofía de potenciar a cooperación, a tolerancia, o respeto, a interculturalidade e o desenvolvemento personal.
O proxecto que poñen en marcha  está vencellado principalmente ao sector da cultura e máis concretamente ao das artes escénicas mesturado co da hostelería.
Recollendo a tradición do Café-teatro que  da un marco incomparable para o espallamento cultural, introducen, ademais, novos elementos pensados especialmente para a infancia e as súas familias. Así, os espectáculos infantís de contacontos, monicreques, paiasos, maxia etc. terán sempre o seu recuncho na  programación semanal.

Melandrainas estivo presente no stand do Consello Galego de Cooperativas no Culturgal 2013.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma