Directorio /  Intergal, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Intergal, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Souto, 1 - Donas
Localidade: Gondomar
Provincia: Pontevedra
CP: 36388
Teléfono: 986 447 014
Email de contacto: intergal@intergal-coop.com

Servizos integrais de novas tecnoloxías e internet

En Intergal traballan para desenvolver aplicacións de xestión á medida, tanto para a administración pública como para empresas privadas. Están especializados na migración ou integración de vellas aplicacións nas novas tecnoloxías, e en ferramentas para xerar programas e aplicacións e- business dunha forma automática, rápida e segura, traballan na explotación remota de aplicacións (ASP), ou no aloxamento e servizos a empresas de desenvolvemento para usuarios finais a través de internet.

A cooperativa confórmase por persoal técnico informático que ven traballando en común dende a década dos anos oitenta, isto fai que dispoñan dun equipo de persoas profesionalizado, consolidado e altamente cualificado, socias e colaboradoras expertas en traballos de análise e desenvolvemento de aplicacións para diversos clientes.

Un dos piares estratéxicos para Intergal é manter unha formación técnica de alto nivel, estar ao día na continua readaptación das tecnoloxías, tamén o mantemento dunha rede relacional con outras empresas do sector a nivel europeo é relevante para o seu traballo, polo que respecta a compartir o coñecemento. Participar e integrarse en plataformas asociativas (tanto do sector tecnolóxico, como do sector cooperativo), é fundamental na súa actividade pola oportunidade que ofrecen de abrir colaboracións, entre outras.

Ubicados no sector das tecnoloxías de alta produtividade, recalcamos o despunte dos seus servizos relacionados coa integración de sistemas, a formación de persoal técnico, ou a comercialización de licenzas para ferramentas de alta produción, entre os máis destacados.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma