Directorio /  Hábitat Social, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Hábitat Social, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Praza de Azcárraga, 6 baixo
Localidade: A Coruña
Provincia: A Coruña
CP: 15001
Teléfono: 881 888 259
Email de contacto: info@habitatsocial.coop

Hábitat Social é unha cooperativa galega integrada por un grupo heteroxéneo de profesionais, esencialmente dos eidos da arquitectura, o urbanismo e as ciencias sociais, coa intención de investigar e intervir na complexa realidade que habitamos.

En Habitat Social, apostan por conxugar o compromiso persoal co profesional para procurar, dende a autoxestión e a autonomía laboral, unha sociedade máis xusta baseada no desenvolvemento comunitario equilibrado.

Deste xeito, centránse na construción social do hábitat, co obxecto de mellorar as relacións entre as persoas e destas co medio, natural ou construído. Consígueno traballando coa materia física e coas dinámicas humanas, participando activamente nos procesos, coordinando as axentes implicadas e potenciando o protagonismo das persoas.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma