Directorio /  Feitoría Verde, S.Coop.Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Feitoría Verde, S.Coop.Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: R/ Betanzos 37 2ºF
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A coruña
CP: 15703
Teléfono: 698 161 760

Feitoría Verde é unha cooperativa que entende a educación ambiental como unha ferramenta imprescindible para a sensibilización e participación activa da cidadanía.

Queren ser axentes promotores da dinamización social e de potenciación da capacidade de participación das persoas e dos colectivos para mellorar a  relación co medio ambiente.

Conciben a educación ambiental como ferramenta para a participación, a aprendizaxe mutua, o intercambio de experiencias e a valorización de recursos e prácticas, endóxenas e innovadoras.

Feitoría Verde é unha empresa de servizos educativos que aposta por unha economía social propiciatoria de mellorías ambientais, que busca sinerxías e complementariedades entre proxectos e empresas. Baseánse na melloría da calidade de vida da cidadanía, especialmente das mulleres, do medio ambiente e da realidade da educación ambiental en Galicia.

Teñen como obxectivo propiciar cambios sociais que melloren a percepción e actitude sobre o medio ambiente, integrando criterios éticos e de profesionalidade.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma