Dalle que Dalle S. Coop. Galega é unha empresa de servizos de coworking situada no centro de Vilagarcía de Arousa. Nace co obxectivo de ofrecer espazos de traballo a un prezo alcanzable. Concibido para que emprendedores, autónomos ou freelancers poidan traballar e manter reunións cos seus clientes, ofrecendo unha imaxe dun lugar onde desenvolver a túa actividade como autónomo; pero, tamén un sitio onde compartir: ideas, cafés, proxectos e ilusións con outros emprendedores e evitar os inconvenientes e o illamento que supón traballar dende casa.
No espazo de Coworking Dalle que Dalle poderás desenvolver a túa actividade baixo as premisas de: Colaboración, Cooperación, Creatividade, Amizade e Amabilidade. Así, ademais de realizar a túa actividade de forma independente tamén podes realizar proxectos de colaboración con outros coworkers, fomentando sinerxías.
Servizos:
Servizo de Coworking a tempo completo e tempo partido.
Posto de traballo.
Zona de ocio (office).
Internet alta velocidade.
Realización de actividades para fomentar sinerxías e networking.
Publicidade na nosa web e Redes Sociais
Utilización doutros espazos de coworking mediante (coworking spain visa).
Servizo de despacho.
Aluguer de sala de formación con proxector.
Aluguer de salas de reunión.
Aluguer de despacho privado.
Aluguer de salón para eventos.
Servizo de reprografía, (fotocopias, impresoras, scaner, fax).
Servizos de secretaría.
Domicilio Social.
Seguro de Responsabilidade Civil e outros.
Xestión de mensaxería.