Directorio /  Coproden, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Coproden, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa viana do Bolo, 12
Localidade: Ourense
Provincia: Ourense
CP: 32004
Teléfono: 988 226 942
Email de contacto: coproden@hotmail.com

Protésicos dentais

Na cidade das Burgas alá polo ano 2002, seis persoas procedentes da área sanitaria deciden xuntarse baixo a fórmula cooperativa, porque estiman que o traballo colectivo ten máis alicientes que de xeito individual. E así nace Coproden, unha empresa de protésicos dentais, formada por profesionais con mais de vinte anos de experiencia no deseño, elaboración e reparación de próteses dentais en Galicia.

A idea de formar unha cooperativa xurdiu polo bo entendemento tanto persoal como profesional de seis compañeiros que levaban moitos anos traballando xuntos e compenetrándose perfectamente.

Entre os seus servizos destaca o deseño, elaboración e reparación de próteses removibles metálicas e acrílicas. Elaboración de férulas, cerámica, híbridas, etc., así como ortodoncia. Ofrecendo  os seus servizos dentro dun marco de preparación, calidade e seguridade.

O que mellor define e caracteriza a Coproden é unha rápida resposta á solicitude dos seus servizos e a atención personalizada e directa coa clientela.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma