Directorio /  Colexio Jorge Juan S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Jorge Juan S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Avda. do Tarrío, 78 Perlío
Localidade: Fene
Provincia: A Coruña
CP: 15500
Teléfono: 981 340 109

 

Colexio Jorge Juan é un centro de ensinanza concertada sostido con fondos públicos e  sen vinculacións relixiosas e políticas, centrado en fomentar a  integración e a pluralidade. O seu interese é concentrar os esforzos en  capacitar aos nenos e nenas para a vida, polo que é necesario atender a todos  os aspectos da súa persoa, e concienciar e potenciar ao alumno/a no  desenvolvemento das súas capacidades.

Entenden a educación como un medio para acadar o ben e o benestar,  tarefa que aceptan e comparten coa sociedade e coas familias. A atención individual dos seus mestres e mestras e titores/as enfócase no continuo seguimento da aprendizaxe do alumnado derivando nunha cercana  comunicación coas familias.
Imparten os cursos de 4º, 5º e 6º de educación infantil, así como  todos os niveis de educación primaria e secundaria. Ronda os 500 alumnos e alumnas. Ademais, pódese ir desde o primeiro ano e disfrutar da súa Escola  Infantil e das súas mestras e mestres de gardería.

Niveis educativos

  • Educación Infantil: 1º ciclo e 2º ciclo.
  • Educación Primaria.
  • E.S.O.
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma