Directorio /  Colexio Bouza Brey S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Bouza Brey S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Rúa San Xoán 167
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36206
Teléfono: 986-377-238
Email de contacto: info@colexiobouzabrey.com

 

Bouza Brey defínese como un colexio pluralista dende un punto de vista político e relixioso, fomentan o espíritu crítico e a capacidade de discusión. Dado que só teñen unha soa liña educativa caracterizándose por ser un centro familiar, pois é moi doado coñecerse e traballar en conxunto.

Para o centro, cada etapa educativa presenta uns obxectivos fundamentais:

  • En Infantil, pretenden que os nenos/as sexan felices, que se adapten ao colexio sen traumas. O colexio convértese no seu segundo fogar e nun lugar de convivencia e socialización. Un lugar onde o neno ou a nena é valorada por si mesma, con cariño e comprensión, ademais de acadar coñecementos propios da súa idade.
  • En Primaria, tamén pretenden que o alumno adquira coñecementos de forma paulatina. Valoran a orde e a disciplina, así como o respecto mutuo e o traballo diario.
  • En Secundaria, ademáis, buscan formar mozos e mozas competentes, respectuosos pero ao mesmo fomentan o espíritu crítico.

Niveis educativos

  • Educación infantil :  3, 4 e 5 anos.
  • Educación primaria:  de 1º a 6º.
  • ESO: de 1º a 4º.

 

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma