Directorio /  Bico de Grao S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Bico de Grao S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Ronda das Fontiñas, 226 baixo.
Localidade: Lugo
Provincia: Lugo
CP: 27002
Teléfono: 982 807 935
Email de contacto: bicodegrao@gmail.com

Bico de Grao son tres socias que constituíron unha cooperativa de traballo asociado para pór en marcha un espazo de venda de produtos ecolóxicos a granel e de xestión comunitaria de servizos, co obxectivo final de crear unha rede de consumo consciente e responsable en Lugo.
O seu proxecto pretende ofrecer alternativas sustentables en tódalas súas vertentes (alimentación, limpeza, hixiene, roupa, educación, enerxías limpas, banca ética ou cultura), por iso e coa aportación da fórmula cooperativa ofrecen un espazo de alternativas que inclúe:

  • Tenda de produtos ecolóxicos a granel, alimenticios e de hixiene.
  • Espazo de creación, deseño e venda téxtil, baseado na utilización de materia prima de refugallo, cunha marca propia: FIXENÖEU
  • Espazo social, no que se realizan actividades diversas relacionadas cos valores da cooperativa e que ofrezan respostas ás necesidades e demandas da nosa contorna social.

 

 

 

 

Sectores: Alimentación

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma