Xornadas de difusión sobre Axudas Leader, anualidade 2018-2019 | GDR Pontevedra-Morrazo

//Xornadas de difusión sobre Axudas Leader, anualidade 2018-2019 | GDR Pontevedra-Morrazo

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo vai celebrar nas próximas semanas catro xornadas de difusión sobre as  AXUDAS LEADER 2014-2020: ANUALIDADES 2018/19  segundo se detalla a continuación: 

  • No concello de Bueu: o luns, 19 de febreiro ás 19:00 h. no Centro de Benestar Social de Bueu (R/ Eduardo Vincenti, 28).
  • No concello de Campo Lameiro: o martes, 20 de febreiro ás 19:00 h. no auditorio Sobrino Buhigas.
  • No concello de Ponte Caldelas: o xoves, 22 de febreiro ás 19:00 h. na Casa da cultura de Ponte Caldelas (R/ Emigrante 3).
  • No concello de Pontevedra: o mércores, 28 de febreiro ás 19:00 h. no seminario 6 do Pazo da Cultura.

Nestas xuntanzas falarase da tipoloxía de proxectos e investimentos subvencionables, dos requisitos, baremo, etc. necesarios para ser beneficiario das axudas da medida LEADER dentro do PDR de Galicia 2014 – 2020.

Se tendes algunha iniciativa, proxecto ou idea de emprendemento, estades convidadas/os a participar nesta xornada de difusión.

Preme aquí: Folleto axudas, Impulsamos os teus Proxectos

GDR PONTEVEDRA – MORRAZO

 

2018-02-15T20:04:47+00:00 15/02/2018|Convocatorias|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies