As xornadas, organizadas por UGACOTA, do 21 ao 25 de setembro, pretenden dar a coñecer o Programa de Garantía Xuvenil tanto a cooperativas, como a mozas/os (ata 29 anos), empresas de economía social e outras, e público interesado en xeral, e animarán a que se sumen a el, polas oportunidades, recursos e liñas de apoio que pode ofrecer aos colectivos e público obxetivo.

Ademais, se eres unha cooperativa ou o moza/o, o 30 de setembro finaliza o prazo para solicitar os incentivos ao autoemprego colectivo, fai clic aquí.

A Garantía Xuvenil ten como obxectivo incrementar a empregabilidade de mozos e mozas menores de 29 anos e conta con diversas medidas para facilitar a súa incoporación ao mercado laboral como:  accións formativas, prácticas non laborais, incentivos e axudas. Ao mesmo tempo, ofrece servizos e recursos ás empresas en xeral, e ás cooperativas en particular. No ámbito cooperativo especificamente, as persoas mozas inscritas no sistema, contan con axudas para incorporarse a cooperativas, ben como socios/as a proba, ben como socios/as plenos/as. Estas axudas son compatibles con outras bonificacións nas cotas á seguridade social. A Garantía Xuvenil está cofinanciada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nun 91,89%.

 

Dirixidas a : mozas e mozos entre 16 e 29 anos, cooperativas galegas, empresas de economía social e outras, e tamén, a persoas interesadas en xeral (profesorado, persoal técnico de emprego, orientación laboral, desenvolvemento local, colexio profesionais, axencias de colocación … )

A Coruña : 21 de setembro| Santiago : 21 de setembro | Ferrol : 22 de setembro | Pontevedra : 22 de setembro| Lugo: 23 de setembro | Ourense: 23 de setembro | Vigo: 25 de setembro

Horario: 11 h. – 13 h.

Non te perdas estas xornadas nin a oportunidade de informarte!.

Fai clic: INSCRICIÓN –  CARTEL

Máis información: 986 13 65 92 – nuria@ugacota.coop – www.ugacota.coop

 

PROMOVE: Xunta de Galicia- Consellería de Traballo e Benestar

ORGANIZA: Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota (xunto a Ucetag e Sinerxia)

LUGARES DE CELEBRACIÓN E COLABORAN: Oficina de Información Xuvenil do Concello de A Coruña – Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago – Cámara de Comercio de Pontevedra – Oficina de Informació Xuvenil do Concello de Ferrol – Casa da Xuventude de Lugo – Cámara de Comercio de Ourense – Cámara de Comercio de Vigo