A Consellería de Traballo e Benestar convocou as subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial e a igualdade nas Pemes galegas a través de plans, na procura da conciliación da vida familiar e laboral, ou da eliminación da infrarrepresentación feminina.

a) Liña I. Axudas para implantar a RSE nas empresas galegas:
Mediante esta liña subvencionarase a formación do persoal das empresas para a adecuada
elaboración dunha memoria de RSE.

b) Liña II. Axudas para o fomento da igualdade laboral:
Esta liña estrutúrase en tres programas:

– 1º. Programa 1. Axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos
ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto
de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de
ámbito superior á empresa. Polo tanto, este programa non será de aplicación ás empresas
coa obriga legal de implantar plans de igualdade segundo o establecido no artigo 45.2 da
Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.
– 2º. Programa 2. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito
á conciliación da vida familiar e laboral.
– 3º. Programa 3. Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.

Accede ás bases, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, premendo aquí

Prazo de presentación: 01/06/2015