Acaba de publicarse a Convocatoria 2015 de axudas para cooperativas e promoción do cooperativismo, inclúe varios programas subvencionables e está promovida pola Consellería de Traballo e Benestar.

A Federación de Cooperativas Sinerxia e as Unións socias, préstavos apoio e colaboración para solicitar as axudas e desenvolver as actividades solicitadas do Programa III desta convocatoria (Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica).

A través desta liña de axudas, pódense cofinanciar distintos servizos e actuacións que contribúan á mellora das cooperativas e das entidades de economía social e solidaria, se as considerades acordes coas vosas iniciativas para 2015.

 

Que servizos propón a Federación ás cooperativas ?

Dúas modalidades de servizos:

Asistencia técnica e asesoramento: estudos e plans de viabilidade, organizativos, comerciais, auditorías …

Formación empresarial cooperativa : flexible e á carta, adaptada ás necesidades da cooperativa solicitante, en temáticas como: dirección e xestión empresarial; comercialización; responsabilidade social; planifiación estratéxica; organización; cultura financeira; ou intercooperación e redes.

Para facilitar a posta en marcha dos proxectos empresariais xerados, como é o lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade das cooperativas existentes, e para cubrir as necesidades formativas das persoas socias que se incorporen á cooperativa.

 

Quen realiza os servizos ?

Os servizos estarán prestados polo persoal técnico da Federación, con traxectoria no ámbito do cooperativismo e da economía social, e tamén estarán prestados por cooperativas socias colaboradoras do ámbito da consultoría e o asesoramento, a formación especializada en cooperativismo e economía social e solidaria, ou a dinamización de procesos participativos.

Fai clic: Convocatoria 2015
Se a túa cooperativa está interesada podes contar coa Federación para realizar os trámites de solicitude, e no caso de ser subvenciada poderás beneficiarte do servizo desenvolvido en colaboración coa Federación.

Contacta:

Telf. 986 89 65 26 – 673 524 748 . Persoa de contacto: Ramón Carmelo Rodríguez
sinerxia@sinerxia.orghttp://www.sinerxia.org

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES !! 17 de Agosto de 2015