Programa II das axudas ao cooperativismo: Modelo de Recurso de Reposición

/, Novas do cooperativismo/Programa II das axudas ao cooperativismo: Modelo de Recurso de Reposición

Desde que tivemos constancia en UGACOTA que a algunhas persoas socias de cooperativas fóronlles denegadas as axudas do Programa II da Orde de axudas ás cooperativas e promoción do cooperativismo do ano 2015, vimos traballando nun modelo de recurso de reposición que poida servir de base ás persoas socias para facer a oportuna reclamación diante da administración. Este modelo naturalmente non garante un cambio de criterio, pero pode servir de base a unha xusta reclamación. Lembramos que o Programa II é o programa de fomento do acceso á condición de persoa socia.

Esta acción encádrase no servizo de representación e defensa de intereses das cooperativas asociadas que forma parte da misión da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota.

Agardamos que as reclamacións sexan tidas en conta e quedamos a dispór das cooperativas e persoas socias afectadas, nos seguintes contactos de Ugacota:

Teléfono : 881 887 456 – Correo electrónico tino@ugacota.coop

Nova relacionada, fai clic : Convocatoria de axudas ás cooperativas e promoción do cooperativismo 2015

2016-01-04T11:06:41+00:00 11/12/2015|Convocatorias, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies