O Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE), coa colaboración da Xunta de Galicia e coa participación, neste ano, das Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, comprometidas co fomento da innovación e o emprendimiento, promove novamente en Galicia o Programa YUZZ ” Jóvenes con Ideas “ para a promoción do talento e o espírito emprendedor, dirixido a mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, que presenten as súas ideas innovadoras ao concurso de acordo co procedemento establecido pola organización.

A data de recepción de candidaturas finaliza o 19 de febreiro de 2015 ás 14.00 horas.

Os mozos e mozas seleccionados/as para participar no Programa YUZZ disporán de apoio, formación e asesoramento orientados a facilitar o desenvolvemento dun proxecto de negocio baseado nas ideas propostas e poderán optar aos premios previstos nesta Convocatoria.
YUZZ pon a disposición dos participantes nos seus tres centros de Galicia, nas ciudades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, calquera dos seus centros, un espazo de traballo localizado en instalacións cedidas por entidades colaboradoras coa infraestrutura e o equipamento necesario para o desenvolvemento de actividades de formación e de asesoramento.
Os tres mellores proxectos a nivel do estado recibirán como premio unha dotación económica para o desenvolvemento dos seus proxectos de empresa, de acordo coa seguinte distribución:
30.000 euros para o primeiro posto.
20.000 euros para o segundo posto.
10.000 euros para o terceiro posto.

Os premios locais ofrecerán aos mozos a oportunidade de viaxar a Silicon Valley para coñecer de primeira man o principal referente internacional en innovación. Durante unha semana os gañadores visitarán empresas tecnolóxicas emblemáticas, interactuar con diferentes axentes do ámbito académico e empresarial e realizarán actividades de networking.

Fai clic: Tríptico YUZZ 2015 – Xunta de Galicia

 

INSCRICIÓN NO PROGRAMA YUZZ
Os mozos interesados en participar no Programa YUZZ ” Jóvenes con Ideas ” deberán presentar unha única candidatura que poderá conter a descrición dunha ou máis ideas innovadoras. Aceptaranse candidaturas integradas por máis dun promotor.
Os candidatos deberán cumprir o formulario de inscrición dispoñible na Web do Programa YUZZ: www.yuzz.org. O formulario está orientado a facilitar a presentación dos candidatos e das súas ideas e a solicitar os datos de contacto necesarios para o desenvolvemento do proceso de selección. Con carácter opcional, os candidatos poden achegar un vídeo de presentación de non máis de tres minutos de duración.
O Centro Internacional Santander Emprendimiento, CISE, comprométese a manter a máis absoluta confidencialidade sobre as ideas propostas polos candidatos e sobre os propios candidatos, con independencia de que estes poidan ser ou non finalmente seleccionados. Unha vez finalizado o proceso de selección, todos os contidos asociados ás candidaturas non seleccionadas, incluíndo materiais en vídeo, serán retirados da Web e destruídos.