A Deputación da Coruña ven de convocar a segunda edición do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial, un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer e promocionar o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos e autónomas da provincia da Coruña, así como contribuír ao crecemento e desenvolvemento das mesmas. Se concederán tres galardóns por un importe total de 75.000 euros outorgándose 25.000 euros a cada unha das seguintes categorías:

Premio á mellor iniciativa empresarial xove. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as con menos de 12 meses de antigüidade dende o inicio da actividade.

Premio á mellor iniciativa empresarial madura. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as con máis de 5 anos dende o inicio da súa actividade.

– Premio á mellor iniciativa empresarial socialmente responsable. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que apliquen medidas de responsabilidade social empresarial eficaces nos ámbitos económico, medioambiental e social que contribúan ao crecemento sostible da provincia.

Poden participar neste premio calquera pequena e mediana empresa, microempresa e autónomo ou autónoma con domicilio fiscal e centro de traballo na provincia da Coruña.

A participación só poderá realizarse mediante a presentación da documentación de xeito telemático, a través da plataforma Subtel.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto desde o 13 de decembro de 2017 ata o 31 de xaneiro de 2018 ás 14.00 horas e o fallo se dará a coñecer durante o primeiro semestre de 2018.

Pode consultar as bases e a convocatoria, publicadas no BOP nº 234 de 12 de decembro de 2017, na páxina web do Premio provincial á mellor iniciativa empresarial: https://emprego.dacoruna.gal/premio

Preme para ver o folleto informativo