Participas? Produtos Gastronómicos da economía social e da Artesanía de Galicia | SABERES E SABORES

//Participas? Produtos Gastronómicos da economía social e da Artesanía de Galicia | SABERES E SABORES
A Secretaría Xeral de Emprego e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño colaboran na promoción dos produtos gastronómicos da economía social de Galicia e da Artesanía de Galicia.
Por iso, poñen a disposición das entidades de economía social a posibilidade de participar no evento POP UP GALICIA. SABERES E SABORES que se celebrará no Palacio de Santa Bárbara en Madrid do mércores 15 ao domingo 26 de novembro.
As empresas participantes contarán cun posto permanente no que poderán amosar e vender os seus produtos ao público así como realizar actividades específicas dirixidas a visitantes profesionais ou público obxectivo.
Grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Emprego, as empresas da economía social de Galicia contarán con dous postos expositores de xeito gratuíto, que poderán ser compartidos en función do número de entidades interesadas. ​ As empresas expositoras deberán manter os postos atendidos durante o horario de apertura. Os gastos relativos ao persoal así como os de transporte dos productos, serán da súa conta.
As entidades interesadas deben remitir a solicitude anexa asinada ao correo electrónico centro.artesania@xunta.es antes do 3 de novembro de 2017.
2017-11-02T18:48:47+00:00 2/11/2017|Convocatorias|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies