Participa: ‘Xornada de promoción das cooperativas galegas nos Mercados Gastronómicos’, 22/01/2018

//Participa: ‘Xornada de promoción das cooperativas galegas nos Mercados Gastronómicos’, 22/01/2018

A Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia convoca a XORNADA DE PROMOCIÓN DAS COOPERATIVAS GALEGAS NOS MERCADOS GASTRONÓMICOS, co fin de dar a coñecer os PRODUTOS AGROALIMENTARIOS E DE ARTESANÍA elaborados por estas entidades entre xestores dos principais mercados gastronómicos de España.

Os mercados gastronómicos, ademais de seren lugares onde mercar produtos frescos ou artesáns, ocupan unha importante posición como espazos de lecer onde a xente se reúne para gozar do seu tempo libre a través da gastronomía, e son hoxe en día puntos de referencia para os amantes dos produtos gourmet, artesáns e ecolóxicos.

A gran capacidade produtiva e a calidade contrastada das cooperativas galegas contribúen a que estas empresas de base social conten con excelentes posibilidades comerciais nestes circuítos.  Para profundar neste segmento de mercado, vaise levar a cabo unha acción dirixida a prescriptores profesionais, na que poderán coñecer de primeira man a calidade das producións das cooperativas galegas.

Por este motivo, e debido ás posibilidades comerciais dos produtos galegos, as cooperativas poderán participar no dito evento, que terá lugar na Praza de Abastos de Santiago de Compostela o luns 22 de xaneiro. 

Pode consultar o programa da xornada aquí

Para participar nesta iniciativa ou se precisa máis información, pode contactar coa secretaría técnica encargada de poñer en marcha o evento, a través do enderezo electrónico economiasocial.emprego@xunta.gal ou chamando ao número de teléfono 981 520 090.​

 Fonte: web Eusumo
2018-01-11T10:49:28+00:00 10/01/2018|Convocatorias|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies