O Concello de Santiago a través da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo organiza a xornada empresarial Empresas Creativas, Getting Contacts!que se celebra o 19 de Decembro ás 9:30 h. na Cidade da Cultura Santiago de Compostela.

Na anterior edición participaron 106 empresas e 118 profesionais, e o obxectivos das xornadas Getting Contacts! son:

– Fortalecer as redes de contactos das empresas facilitando o networking.
– Xerar novas oportunidades de negocio, a partir de entrevistas por intereses.
– Atraer a empresarias/os doutras zonas e abrir as portas a novos investimentos.

Para participar só hai que rexistrarse enchendo o cuestionario e detallando ao máximo que busca e que ofrece, prema aquí para inscribirse.

Nas xornadas Getting Contacts! entrevistarase cun mínimo de 10 empresarios e empresarias con intereses comúns para:
– Atopar nova clientela e provedores.
– Atopar novos socios/as e proxectos.
– Mellorar a súa rede comercial.
– Atopar potenciais investidores.

Xornada gratuíta! .

Onde?  Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela