Cooperativismo de Portas Abertas | 30 de xuño

/, Destacados/Cooperativismo de Portas Abertas | 30 de xuño

A Xunta de Galicia este ano quere abrirlle novamente as portas ao cooperativismo. Para iso vos propoñen a todas as cooperativas galegas que o venres 30 de xuño, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, abrades as portas dos vosos locais a quen queira visitarvos. Con esta iniciativa quérese visibilizar o voso traballo e tamén dar a coñecer este modelo empresarial co que día a día axúdase a promover valores cooperativos en Galicia.

Por iso convídanvos a participar nesta xornada e así, entre todas, reforzar e amosar o forte tecido do cooperativismo galego.

Dende a Secretaría Xeral de Emprego traballan na difusión desta campaña para dar a coñecer a importancia do labor que desenvolve o sector cooperativista en Galicia. Mais, como sempre, cantas máis sexamos máis visibilidade conseguiremos!​

Como participar?

É moi sinxelo. Simplemente debedes escribir un correo a diadocooperativismo@xunta.gal indicando o nome da vosa cooperativa.
Unha vez feito isto só tedes que comunicar ao público que o día 30 estades de portas abertas a través dos medios que consideredes oportunos.
Dúbidas

Se precisades máis información podedes facer as vosas preguntas no correo diadocooperativismo@xunta.gal ou ben chamar ao teléfono 690 701 377.

 

Preme no enlace, poderás ver no vídeo, que xa teñen as primeiras adhesións: https://youtu.be/cBSCfhA-nMg

Apuntádevos tamén a participar nesta xornada de celebración!

2017-06-28T13:29:33+00:00 22/06/2017|Convocatorias, Destacados|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies