Convocadas axudas ás cooperativas. Programa APROL-economía social 2017

Inicio/Convocatorias/Convocadas axudas ás cooperativas. Programa APROL-economía social 2017
  • Convocáronse as subvencións 2017 para fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social)

  • Estas axudas están destinadas ás cooperativas, entre outras beneficiarias.

  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria estableceu mediante a Orde de 26 de Xaneiro as bases reguladoras destas subvencións, cuxo extracto foi publicado no DOG de 16/02/2017.

Fai clic, para descargar os documentos informativos:

  • Extracto da convocatoria das subvencións (publicada no DOG), aquí. 
  • Bases da convocatoria aquí
  • Folleto explicativo aquí.
  • Resumo elaborado por Espazocoop aquí.

Finalidade :

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social.

Establecéronse os Programas:

Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.

Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora.

Programa III: que ten por obxecto a concesión de subvencións que faciliten a posta en marcha de proxectos empresariais, tanto de nova creación de cooperativas ou sociedades laborais como xerados polas existentes.

Programa IV: que ten por finalidade o impulso dos procesos de integración empresarial de entidades de economía social, así como o lanzamento de proxectos de colaboración empresarial relacionados coa investigación, desenvolvemento e innovación, e coa loxística, comercialización e internacionalización.

Prazo de solicitudes :

O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Lembrade!

Dende a Unión de Cooperativas Espazocoop asesorámosvos gratuítamente na súa tramitación.

 

2017-04-19T19:14:09+00:00 16/02/2017|Convocatorias|1 comentario

Un comentario

  1. […] AXUDAS: Axudas 2017 en Galicia, prazo: 16/03/17 – Fai clic : Axudas Programa Aprol-economía social 2017 […]

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies