Publicáronse no Diario Oficial de Galicia as bases que regulan o Concurso de Iniciativas Cooperativas 2015 .

Descarga aquí as bases.

A finalidade:  é estimular o labor das persoas que interveñen nos procesos de asesoramento e impulso de proxectos empresariais, para que fomenten o cooperativismo como fórmula de desenvolvemento local en Galicia.

Premiaranse:  as persoas impulsoras das mellores iniciativas de proxectos empresariais organizadas baixo a fórmula cooperativa.

Os proxectos terán por obxecto:  o impulso e aproveitamento integral dos recursos locais no ámbito galego de xeito que poidan incentivar o desenvolvemento local, en xeral, e rural, en particular.

Participantes: as persoas físicas pertencentes a colectivos tales como: axentes de desenvolvemento local, de extensión pesqueira, de extensión agraria, técnicos e técnicas de emprego, de grupos de acción local, das oficinas de fomento cooperativo e da Rede Eusumo, das asociacións de cooperativas, das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Traballo e Benestar, orientadores e orientadoras educativos e laborais, así como persoas asesoras e consultoras de cooperativas.

Contía do premio: Premio á mellor iniciativa cooperativa, que conta cunha dotación económica de 5.000 euros.

Prazo de presentación: remata o 15.05.2015. Se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes e proxectos poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Neste caso: 22.05.15.

Fai clic aquí e accede á sede electrónica da Xunta de Galicia.