A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto convoca a 1ª edición do Premio de Carteis sobre Comercio Xusto, co obxeto de recoñecer o mellor traballo destinado a convertirse na imaxe do Día Mundial do Comercio Xusto 2017, que se celebrará co lema: “Somos rebeldes con causa. Somos Comercio Xusto, e ti?”.

Este concurso está aberto a cantas persoas artistas e diseñadoras estén interesadas no mesmo, individualmente ou en equipo, sempre e cando sexan maiores de edade e se ateñan ás seguintes bases:

TEMA

1) Poderán participar todos os carteis basados no lema “Somos rebeldes con causa. Somos Comercio Xusto, e ti?” elexido pola Coordinadora Estatal de Comercio Xusto para a celebración do próximo Día Mundial do Comercio Xusto, en maio de 2017.

2) A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto quere, con este lema, dar visibilidade ao Comercio Xusto como un movemento global que persegue a xusticia social global e un mundo conectado onde as compras de cada un teñen un impacto noutros lugares e outras persoas, usando para elo un estilo directo, desenfadado, rebelde e fresco.

Para coñecer as condicións do concurso, preme aquí.

Prazo: 12 de febreiro de 2017