Bolsas de xerencia en cooperativas | Convocatoria para persoas desempregadas menores de 35 anos

Inicio/Convocatorias, Destacados/Bolsas de xerencia en cooperativas | Convocatoria para persoas desempregadas menores de 35 anos

A Unión de Cooperativas Espazocoop abre a convocatoria de “Bolsas xerenciais en cooperativas” dirixida a persoas desempregadas menores de 35 anos con estudios finalizados na área empresarial.

As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial.

Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de Espazocoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.

As bolsas están asociadas a un programa formativo.

Prazo para solicitar unha bolsa xerencial: 23 de maio de 2017.

Localidades das bolsas: Narón, Santiago de Compostela, A Coruña, Verín, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Convocatoria de Bolsas Aquí

Convoca: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.

Colabora: Coceta – Fondo Social Europeo.

 

 

2017-05-19T15:53:51+00:00 16/05/2017|Convocatorias, Destacados|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies