O 27 de Xaneiro pasado, publicouse no DOG o programa de prácticas non laborais en empresas, cun orzamento  dun millón de euros. Esta medida está destinada a mocidade cunha formación académica ou profesional, pero que carecen de experiencia laboral. Deste xeito, poderán realizar prácticas nun contorno real para facilitar o seu acceso ao mercado de traballo. Para desenvolvelo, convócase unha orde de subvencións que financiaría en distintas porcentaxes as bolsas que as empresas deben aboar mensualmente aos mozos en prácticas.

Beneficiarias: Empresas da Comunidade Autónoma de Galicia

Bolseiros/as: Mozas e mozos que teñan máis de 18 anos e menos de 25, e persoas menores de 30 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que non estean traballando nin estean participando en actuacións educativas ou formativas. Estas persoas deberán estar inscritas na base de datos do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e acreditar previamente o cumprimento dos requisitos de acceso ao programa.

Axuda máxima: 100% do IPRAEM para mozos a media xornada e 1,1 do IPRAEM para mozas a media xornada ou 1,2 do IPRAEM para mozos con prácticas de máis de catro horas e 1,4 do IPRAEM para mozas máis de catro horas.

Axudas MOZAS MOZOS
4 Horas 585,76 532,51
+ 4 Horas 745,51 639,01

Coste MENSUAL para a cooperativa (* non se inclúen os custos de seguridade social que tamén debe asumir a empresa xa que os bolseiros/as son asimílanse a traballadores/as por conta allea):

Custo MOZAS MOZOS
4 Horas 639,01 639,01
+ 4 Horas 798,77 798,77
Custo-Axuda MOZAS MOZOS
4 Horas 53,25 106,5
+ 4 Horas 53,25 159,76

O prazo para a solicitude de axudas acaba o  31 de marzo.

Para máis información podes consultar: Orde da convocatoria