Nosa Enerxía s. coop. galega realiza unha oferta de traballo co fin de contratar unha persoa para un posto de Administrativa/o, a razón de 10 horas semanais, cunha duración inicial de 6 meses, e na modalidade de non presencial (teletraballo), proporcionarase un ordeador á persoa seleccionada. Preme aquí para ver as condicións da oferta.

As persoas interesadas poden enviar o currículo e unha carta de presentación explicando o que poden achegar ao equiopo de Nosa Enerxía a nosaenerxia@nosaenerxia.com antes do 15 de marzo. As entrevistas de selección realizaranse a partir do 27 de marzo de 2017.

Nosa Enerxía é a primeira cooperativa galega que ten por obxeto a comercialización de enerxía eléctrica de procedencia renovable.