Redes

Redes 2017-06-06T13:29:41+00:00

A Unión de Cooperativas Espazocoop está nas seguintes redes e entidades :

A Unión é membro do Consello Galego de Cooperativas, forma parte do Pleno e da Comisión Permanente. É membro da Unidade Técnica de Formación do Consello e do Observatorio do Cooperativismo Galego. Participou na elaboración do Libro Branco do Cooperativismo Galego e do Plan Estratéxico do Cooperativismo 2005-2010, desenvolvidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

 

Rede Eusumo, fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.

 

Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA).

 

Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECOE).

 

COCETA e UECOE traballan con entidades do resto do estado e teñen acceso e representación en organismos estatais como CEPES (Confederación Empresarial Española da Economía Social), europeos como CECOP (Confederación Europea de Cooperativas de Traballo) e internacionais como CICOPA-ACI (Comité Internacional do Cooperativismo de Traballo da Alianza cooperativa internacional).

 

Asociación de centros de Economía Social de Galicia | Contacto: roberto@espazo.coop 

 

A Unión é socia constituínte de Coop57 Galicia, a sección galega da cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios, Coop57, SCC con sede social en Barcelona. A pertenza a este proxecto permite ter acceso e apoiar  o financiamento de proxectos e entidades de economía social, ademais de fomentar o aforro ético na sociedade en xeral.

 

Fiare Galicia, territorial de Fiare Banca Ética.

 

REAS Galicia, territorial de REAS (Rede de redes de Economía Alternativa e Solidaria).

 

Nosa Enerxía, cooperativa de enerxía verde de Galicia.

 

Pont Up Store – Espazo de Emprendemento

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies