Quen somos?

Inicio/A Unión/Quen somos?
Quen somos? 2017-03-01T20:04:58+00:00

A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxetivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperavismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.

Espazocoop aspira a ser a entidade de referencia no ámbito do cooperativismo galego, no marco da economía social e solidaria, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social, consolidando os valores e principios cooperativos e colaborando na consecución dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.

Somos parte de:

A Unión é membro do Consello Galego de Cooperativas, forma parte do Pleno e da Comisión Permanente. É membro da Unidade Técnica de Formación do Consello e do Observatorio do Cooperativismo Galego. Participou na elaboración do Libro Branco do Cooperativismo Galego e do Plan Estratéxico do Cooperativismo 2005-2010, desenvolvidos pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

A nivel estatal  é membro da  Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA) e de UECOE (Unión Española de Cooperativas de Enseñanza) que traballa con entidades do resto do estado e ten acceso e representación en organismos estatais como CEPES (Confederación Empresarial Española da Economía Social), europeos como CECOP (Confederación Europea de Cooperativas de Trabajo) e internacionais como CICOPA-ACI (Comité Internacional do Cooperativismo de Traballo da Alianza cooperativa internacional)

A Unión é socia constituínte de Coop57 Galicia, a sección galega da cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios, Coop57, S. Coop. con sede social en Barcelona. A pertenza a este proxecto permite ter acceso e apoiar  o financiamento de proxectos e entidades de economía social, ademais de fomentar o aforro ético na sociedade en xeral.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies