O organigrama que estrutura EspazoCoop


A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten a mesma estrutura política e de toma de decisións que as empresas cooperativas.

Como órgano de representación e decisión está a Asemblea xeral de socias composta polas cooperativas da Unión. Esta asemblea convócase anualmente para aprobar as contas e a xestión da actividade, os orzamentos e o plan de traballo que se pretende levar a cabo, entre outros temas.

A asemblea delega as responsabilidades de goberno nun consello reitor elixido polas socias, a súa vez, conta coa colaboración dun equipo técnico formado por nove persoas que desenvolven as distintas liñas de traballo acordadas.

Consello reitor

O consello reitor é o órgano de goberno de EspazoCoop. Está formado por un equipo de persoas pertencentes a cooperativas socias, elixidas en Asemblea polas asociadas, renóvase simultaneamente cada catro anos, podendo ser reelixidas por un máximo de dous mandatos para o mesmo cargo.

Presidencia | Abeluria s. coop. galega – Ana Olveira Blanco

Vicepresidencia | Adigna s. coop. galega (Colexio Abrente) – Miguel Anxo Filgueira Touriño

Secretaría | Culturactiva s. coop. galega – Nacho Fungueiriño Rey

Vogais

Algalia s. coop. galega – Celso Gándara

Enérxica s. coop. galega – Pilar Lozano

Urdime s. coop. galega – María Emilia Candal Bouzas

Nosa Enerxía s. coop. galega – José Antonio Eiras Vila

Colexio Possumus s. coop. galega – José Carlos Freire Castroseiros

Alén s. coop. galega – Claudia Rodríguez


Na Unión de Cooperativas EspazoCoop existen varias sectoriais.

>> Sectorial de Ensino

As Cooperativas de Ensino contan cunha Sectorial propia dentro da Unión. O seu representante político é un dos membros do consello reitor: Miguel Anxo Filgueira Touriño – Adigna s. coop. galega (Colexio Abrente).

 

>> Sectorial de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente

EspazoCoop conta ademais con outra sección conformada polo grupo das Cooperativas do Sector de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente, a súa portavoz forma parte do consello reitor: María Emilia Candal Bouzas – Urdime s. coop. galega.

>> Sectorial de Consumo

En EspazoCoop existe unha sección conformada polas cooperativas de consumo, a súa portavoz forma parte do consello reitor: José Antonio Eiras Vila – Nosa Enerxía s. coop. galega.

>> Sectorial de Asesorías-Consultorías

A Unión de Cooperativas EspazoCoop conta coa sectorial conformada polo grupo das cooperativas do sector asesorías e consultorías, a súa portavoz forma parte do consello reitor: Claudia Rodríguez – Alén s. coop. galega.


Asemblea de EspazoCoop 2023


As persoas que integran o consello reitor


Ana Olveira Blanco | Presidencia

Licenciada en Relacións Laborais. É socia fundadora da cooperativa Abeluria. Investigadora do sector da economía social. Traballou como técnica na Rede Eusumo (rede de fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia). 

Anteriormente foi socia de 7H Cooperativa Cultural, xerenta en Sonaxe s. coop. galega e tamén estivo vinculada á Asociación de Consumidoras de Galicia.

Miguel Anxo Filgueira Touriño  | Vicepresidencia

Diplomado en Maxisterio. É socio fundador do Colexio Abrente s. coop. galega.

Foi presidente e membro do consello reitor da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (Ucetag). Tamén estivo no consello da Federación de Cooperativas Sinerxia.

Nacho Fungueiriño Rey | Secretaría

Xestor Cultural. Socio traballador de Culturactiva S. Coop. Galega.

Pilar Lozano  | Vogal

Responsable de Administración e socia traballadora de Enérxica s. coop. galega.

María Emilia Candal Bouzas  | Vogal

Xestora Cultural. É socia de Urdime s. coop. galega.

José Antonio Eiras Vila | Vogal

Administrativo e socio de Nosa Enerxía s. coop. galega. É Enxeñeiro de Minas.

Claudia Rodríguez | Vogal

Socia de Alén, s. coop. galega. Enxeñeira química cun mestrqado en negocios europeos e especializada en sustentabilidade. Conta con máis de 6 anos de experiencia nacional e internacional en planificación financeira e comercial, especializándose en desenvolvemento de negocio e análise para toma de decisions. Cunha forte orientación a resultados e negocios, é responsable de xestión e analítica.

José Carlos Freire Castroseiros | Vogal

É socio do Colexio Possumus s. coop. galega, onde traballa como docente.

Celso Gándara | Vogal

Xerente e socio en Algalia s. coop. galega.