A Unión


A Unión de Cooperativas EspazoCoop é unha entidade, sen ánimo de lucro, formado por cooperativas de distinta tipoloxía que realizan diversas actividades económicas, creada coa finalidade de:

>> Atender as necesidades das empresas asociadas.

>> Representar ao movemento cooperativo a nivel autonómico.

>> Promover nas nosas empresas cooperativas e na sociedade en xeral, os valores propios da cultura solidaria que inspira os principios cooperativos.

A intercooperación, na que se sustenta EspazoCoop como unión, é o cerne da forza do movemento cooperativo, permite defender os nosos intereses, dotarnos de servizos e recursos, mellorar a nosa xestión e dar a coñecer as actividades e produtos das nosas cooperativas socias: Directorio de Cooperativas Socias.