ASOCIARSE á Unión de Cooperativas EspazoCoop

ASOCIARSE dá acceso a orientación e acompañamento para crecer como cooperativa, ser parte de novas redes, promocionarvos, defender os vosos intereses, e darlle máis valor e sentido aos principios que nos unen.

O noso fin é promover o cooperativismo, consolidalo, e conectar cooperativas asociadas. Somos un espazo de participación, de información, de aprendizaxe e de proxección.

>> Presentación EspazoCoop

1| Folleto neste enlace

2| Vídeo corporativo

3| Catálogo de actividades e servizos 2023 neste enlace

4| Memoria social, última memoria dispoñible neste enlace

>> Algunhas vantaxes que podes obter ao asociarte

> Acceso á oferta de actividades e servizos para cooperativas socias

> Atopar solucións a problemas e necesidades, ou a intereses que son comúns entre asociadas

> Acadar apoio para novos proxectos cooperativos

> Defensa de intereses das cooperativas socias fronte á Administración

> Contribuír e participar na evolución, crecemento e consolidación do cooperativismo e da economía social e cooperativa

>> Como asociarse?

Se es unha cooperativa galega e queres asociarte, para formar parte da Unión de Cooperativas EspazoCoop precísase :

1| Unha Solicitude-Ficha de Datos da cooperativa cumprimentada.

Solicitude-Formulario de Datos da cooperativa en liña: aquí

2| Un Certificado da coooperativa, do acordo de incorporación á Unión de Cooperativas.

  • Se o acordo é tomado por Consello Reitor, emprega este modelo
  • Se o acordo é tomado por Administradora Única, emprega este modelo
  • Se o acordo é tomado por Asemblea xeral, emprega este modelo

3| Escritura de constitución validada polo Rexistro de cooperativas que inclúa os Estatutos da cooperativa.

Unha copia dixital (documento escaneado).

>> Sistema de cotas

Durante 2024 se es unha cooperativa galega en funcionamento que quere asociarse, non terás que pagar a cota de asociada >> Cota Cero en 2024. Agás aquelas que fosen beneficiarias e usuarias dos programas de carácter gratuíto de creación e constitución de empresas cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

> Cooperativas de traballo || 8 €/mes
(cota básica, cooperativas de ata cinco socias)
> Cooperativas de consumo || 12,50 €/mes
(cota básica, cooperativas de ata cen socias)
> Cooperativas de servizos || 12,50 €/mes
(cota básica, cooperativas de ata cen socias)
> Cooperativas de ensino || 76 €/mes
(cota básica, cooperativas de ata cinco socias)

Podes consultar a información completa sobre o sistema de cota asociativa >> aquí

>> Como e onde enviar a documentación?

De xeito dixital, vía correo electrónico

Cumprimentada, asinada e escaneada, achegando tamén o nº de Conta Bancaria, a través do email: roberto@espazo.coop

Para calquera dúbida e máis información podes contactar con nós:
telf. 986 866 149  | e-mail : roberto@espazo.coop